dcsimg

Eufausiáceos ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician
 src=
Euphausia superba (Krill antártico).

A dos eufausiáceos (Euphausiacea) é unha orde de crustáceos malacostráceos coñecidos xenericamente como krill.[1][2]

Encóntranse en todos os océanos do mundo. O nome krill vén do noruegués krill, que significa "peixiños fritidos",[1][3] que tamén adoito se atribúe a algunhas especies de peixes.

Son parecidos externamente aos camaróns, duns de 3 a 5 cm de lonxitude, e moi abundantes en todas as augas que circundan as zonas polares. Aliméntanse fundamentalmente con algas do fitoplancton. Á súa vez son o alimento fundamental de numerosas especies de peixes e tamén dos misticetos. Unha rotura na cadea alimenticia, da cal o krill forma parte, podería ter consecuencias catastróficas en termos ecolóxicos. O krill é, pois, un elemento estratéxico na bioloxía dos mares fríos, constituíndo quizais un dos elos máis importantes da rede trófica.

Clasificación: familias e xéneros

Segundo o WoRMS, a orde está constituída por dúas familias,[4] cos xéneros que se indican a continuación:

Orde Euphausiacea Dana, 1852

Notas

  1. 1,0 1,1 KRILL s.m. Conxunto de crustáceos planctónicos, que viven en grandes concentracións nas augas frías e que son o principal alimento de moitos peixes e cetáceos. ETIM. noruego krill 'peixe pequeno fritido'. Gran dicionario Xerais da lingua. Tomo II. Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 2009. ISBN 978-84-9914-072-8.
  2. Definición de krill* no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. "Krill". Online Etymology Dictionary. Consultado o 29 de novembro de 2016.
  4. Euphausiacea, Dana, 1852 no WoRMS.
  5. Euphausiidae Dana, 1852 no WoRMS.
  6. Bentheuphausiidae Colosi, 1917 no WoRMS.

Véxase tamén

Outros artigos

licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Autores e editores de Wikipedia
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia gl Galician

Eufausiáceos: Brief Summary ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician
 src= Euphausia superba (Krill antártico).

A dos eufausiáceos (Euphausiacea) é unha orde de crustáceos malacostráceos coñecidos xenericamente como krill.

Encóntranse en todos os océanos do mundo. O nome krill vén do noruegués krill, que significa "peixiños fritidos", que tamén adoito se atribúe a algunhas especies de peixes.