dcsimg

Herpéstidos ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Os herpéstidos (Herpestidae), chamados a maioría deles mangostas, son unha familia de pequenos mamíferos carnívoros feliformes, dos que hai 14 xéneros e 34 especies,[2] nativos do sur de Eurasia e da parte continental de África. Ningún vive en Galicia, aínda que no sur da península Ibérica foi introducida desde tempos antigos a mangosta exipcia (Herpestes ichneumon).[3]

Tamén pertencen a esta familia as especies xeralmente chamadas suricatas (Suricata suricatta), mangostas ananas e cusimanses (xéneros Helogale e Crossarchus). Ao contrario, as seis especies de "mangostas" da illa de Madagascar, hoxe na familia Eupleridae, que inicialmente foran clasificadas dentro da familia Herpestidae, están máis relacionadas segundo as probas xenéticas con outros carnívoros de Madagascar da familia Eupleridae, polo que desde 2006 se lles asignou unha subfamilia Galidiinae dentro de Eupleridae e fóra de Herpestidae.

Os Herpestidae están clasificados na suborde Feliformia, xunto coas familias dos gatos, hienas e civetas.

Nome

 src=
Cynictis penicillata

A palabra "mangosta" procede da voz da lingua marathi da India mungūs (मुंगूस, (pronunciado [muŋɡuːs]), que entrou primeiro no portugués e no francés e despois noutros idiomas.[4] O nome científico da familia, Herpestidae, procede do vocablo grego herpo que significa 'que se arrastra'.

Descrición

As mangostas viven no sur de Asia, África e sur de Europa, e tamén en Fixi, Puerto Rico e algunhas illas do Caribe e de Hawai, onde son especies introducidas.

As 34 especies teñen unha lonxitude que vai de 24 a 58 cm, excluíndo a cola.[5] As mangostas pesan entre os 320 g das mangosta anana Helogale parvula aos 5 kg da Ichneumia albicauda, que ten o tamaño dun gato.[5]

Anatomía

As mangostas teñen unha gran semellanza cos mustélidos, coas súas longas faces e corpos, orellas pequenas e arredondadas, patas curtas e colas longas que se van adelgazando cara ao extremo. A maioría teñen pintas ou son grises; unhas poucas teñen pelaxes fortemente marcadas. Utilizan as súas garras non retráctiles principalmente para escavar. Teñen pupilas ovoides coma as das cabras. A maioría das especies teñen unha gran glándula anal olorosa, usada para marcar o territorio e sinalar o seu estado reprodutivo. A fórmula dental das mangostas é similar á dos vivérridos: 3.1.3-4.1-23.1.3-4.1-2.

Teñen receptores para a acetilcolina que, igual que os receptores das serpes, teñen unha forma que fai imposible que as neurotoxinas do veleno das serpes se unan a eles. As mangostas son unha das catro especies coñecidas de mamíferos con mutacións no receptor de acetilcolina nicotínico que as protexen do veleno das serpes.[6] Tamén as teñen os porcos bravos, rateis, ourizos, o que os protexe igualmente das α-neurotoxinas do veleno da serpe, aínda que estes animais son grupos separados nos que apareceron estas mutacións independentemente. Nas mangostas, este cambio no receptor débese exclusivamente a glicosilacións.[7] Estase a investigar se mecanismos similares protexen as mangostas dos velenos hemotóxicos das serpes.[6]

Historia natural

A diferenza dos vivérridos arbóreos nocturnos, as mangostas son normalmente terrestres e moitas son activas durante o día.

 src=
Herpestes edwardsii

Algunhas especies teñen unha vida predominantemente solitaria, e buscan alimento soas, mentres que outras viaxan en grupos, compartindo o alimento entre os membros do grupo e as crías. A mangosta exipcia (Herpestes ichneumon) ponse ás veces como exemplo de mangosta solitaria, aínda que se observou que traballa tamén en grupos.[8]

Dieta

 src=
Herpestes fuscus

As mangostas comen principalmente insectos, cangrexos, miñocas, lagartos, aves e roedores. Porén, tamén comen ovos e prea.

A Herpestes edwardsii e outras teñen a habilidade de loitar e matar serpes velenosas, especialmente as Naja, para o que aproveitan a súa axilidade, groso pelame e receptores de acetilcolina especializados que as fan resistentes ao veleno.[9] Porén, normalmente evitan as Naja (cobras elápidas da India) e non teñen unha particular tendencia a consumir a súa carne.[10]

Algunhas especies poden aprender trucos simples. Poden ser semidomesticadas e tidas como mascotas que controlan animais daniños.[11] Porén,poden ser máis destrutivas que o que se desexaba; por exemplo, cando se importaron ás Indias Occidentais para que matasen as ratas, destruíron a maior parte da pequena fauna que vivía no chan. Por esta razón, é ilegal importalas en varios países[12]. As mangostas foron introducidas en Hawai en 1883 e tiveron un negativo efecto sobre as especies nativas.[13]

Reprodución

 src=
Apareamento de Cynictis penicillata

As mangostas emiten un ruído de ton agudo, chamado risada, cando se aparean. Este ruído tamén se lles oe durante o cortexo.[14] As comunidades de femias da especie Mungos mungo sincronizan os seus partos o mesmo día para disuadir as femias dominantes de cometer infanticidio.[15]

Lonxevidade

Non se sabe canto poden vivir as mangostas no seu ambiente natural; porén, sábese que a súa media de vida en catividade é de vinte anos.[16]

Relacións cos humanos

 src=
Galerella nigrata

As exhibicións de mangostas son un espectáculo común nas beiras das estradas de Paquistán. Os encantadores de cobras teñen mangostas para simular loitas entre elas e as serpes. En Okinawa, Xapón (onde as mangostas foron traídas desacertadamente para controlas as serpes locais), as loitas das mangostas contra estas serpes velenosas (Ovophis okinavensis e Trimeresurus flavoviridis) nun perímetro pechado son espectáculos exhibidos en parques como Okinawa World; porén, debido á presión de grupos activistas defensores dos dereitos dos animais, este espectáculo é menos común hoxe.[17]

Segundo o historiador grego Diodoro Sículo (século I a. C.), os exipcios veneraban as mangostas nativas (Herpestes ichneumon) pola súa capacidade de manexar as serpes velenosas e pola súa dieta ocasional de ovos de crocodilo.[18] O deus budista tibetano da riqueza Dzambala ou Jambhala é representado frecuentemente termando dunha mangosta que cuspe xoias pola boca.[19] O deus hindú da riqueza Kubera (que é fillo de Vishrava ("Fama"), e Kubera é tamén chamado Vaisravana), adoita representarse levando unha mangosta na súa man esquerda, de aí que algúns consideren que ver unha mangosta dá sorte.[20]

Taxonomía

 src=
Helogale parvula

A familia Herpestidae foi descrita cientificamente por primeira vez polo biólogo francés Charles Lucien Bonaparte en 1845.[21] No libro de 1973 The Carnivores do zoólogo R. F. Ewer todas as mangostas estaban incluídas na familia dos Viverridae (as civetas), aínda que posteriores publicacións as consideraban nunha familia separada.[22]

En canto á subdivisión en subfamilias, en 1864, o zoólogo británico John Edward Gray clasificou os herpéstidos en tres subfamilias: Galiidinae, Herpestinae e Mungotinae.[23] Este agrupamento foi apoiado polo zoólogo británico Reginald Innes Pocock no seu libro de 1919, no cal denominaba a familia "Mungotidae".[24] Porén, as evidencias xenéticas obtidas na década de 2000 de análises de ADN nuclear e mitocondrial argumentou en contra de situar os galidiinos na familia das mangostas; estas especies viuse que estaban máis estreitamente relacionadas con outros carnívoros de Madagascar, como as fosas Cryptoprocta ferox e a Fossa fossana.[25][26] Os Galiidinae son considerados actualmente unha subfamilia de Eupleridae.[27]

Clasificación

Relacións filoxenéticas

En 1989, o zoólogo W. Christopher Wozencraft sinalou que aínda que as relacións filoxenéticas en Mungotinae non eran claras, os estudos feitos ao final do século XX apoiaban a existencia de dous clados monofiléticos en Herpestinae: un que constaba de Atilax e Herpestes e outro que comprendía Bdeogale, Ichneumia e Rhynchogale.[28] Igual que outros carnívoros feliformes, as mangostas descenden dos viverravinos, os cales eran mamíferos similares á civeta ou xeneta.

O cladograma que segue está baseado nos resultados dun estudo de 2005 feito por Ewa Barycka da Academia Polaca das Ciencias[29] e dun estudo de 2009 de Marie-Lilith Patou do Museo Nacional de Historia Natural de Francia, e colegas:[30]

   

Viverridae

     

Hyaenidae

    Herpestidae    

Suricata suricatta

       

Mungos mungo

   

Liberiictis kuhni

         

Helogale parvula

   

Helogale hirtula

       

Crossarchus alexandri

   

Crossarchus obscurus

                 

Ichneumia albicauda

           

Paracynictis selousi

   

Cynictis penicillata

       

Rhynchogale melleri

     

Bdeogale nigripes

   

Bdeogale crassicauda

                 

Atilax paludinosus

   

Herpestes naso

         

Herpestes urva

   

Herpestes brachyurus

         

Herpestes smithii

   

Herpestes vitticollis

       

Herpestes fuscus

     

Herpestes edwardsii

   

Herpestes javanicus

                 

Eupleridae

       

Galería

Notas

  1. Wozencraft, W.C. (2005). "Order Carnivora". In Wilson, D.E.; Reeder, D.M. Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. pp. 562–571. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494.
  2. Vaughan, Terry A.; James M. Ryan; Nicholas J. Czaplewski (2010). Mammalogy. Jones & Bartlett Learning. p. 300. ISBN 0-7637-6299-7
  3. bUSCatermos, que dá como referencia o Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009
  4. Forsyth, Mark (2012). The Etymologicon: A Circular Stroll Through the Hidden Connections of the English Language. Penguin. ISBN 1-101-61176-6. Retrieved June 16, 2013.
  5. 5,0 5,1 Macdonald, D., ed. (2009). The Encyclopedia of Mammals. Oxford: Oxford University Press. p. 660. ISBN 978-0-19-956799-7.
  6. 6,0 6,1 Hedges, Stephen. "Science: Mongoose's secret is to copy its prey"; New Scientist; 11 January 1997. Retrieved 16 November 2007.
  7. Drabeck, D.H.; Dean, A.M.; Jansa, S.A. (June 1, 2015). "Why the honey badger don't care: Convergent evolution of venom-targeted nicotinic acetylcholine receptors in mammals that survive venomous snake bites.". Toxicon (Elsevier) 99: 68–72. doi:10.1016/j.toxicon.2015.03.007.
  8. "Animal Diversity Web: Herpestes ichneumon". Consultado o 4 de decembro de 2006.
  9. "How the Mongoose Defeats the Snake". Consultado o 2010-10-25.
  10. Mondadori, Arnoldo, ed. (1988). Great Book of the Animal Kingdom. New York: Arch Cape Press. p. 301.
  11. Sherman, D. M. (2002). Sherman, D. M. (2002). Tending Animals in the Global Village: A Guide to International Veterinary Medicine. Philadelphia: Lippincott Williams & Wilkins. p. 45. ISBN 0-683-18051-7.
  12. "Animals whose importation is banned under the Lacey Act". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2006. Consultado o 2006-04-12.
  13. "Star Bulletin: Traps set to catch mongoose on Kauai". Consultado o 2006-04-12.
  14. Poushali Ganguly. "Mongoose Facts". Buzzle. Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2016. Consultado o 17 de xaneiro de 2017.
  15. Marshall, Tom. "Mongoose teamwork hides darker side". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2015. Consultado o 24 February 2014.
  16. "Mongoose – Herpestidae". National Geographic. Consultado o 13 de agosto de 2016.
  17. Charles, Bill. "Okinawa World Presents Midsummer Thrills." Japan Update. 24 August 2012. http://www.japanupdate.com/archive/index.php?id=12558.
  18. Ancient Egypt bestiary Civets, ichneumons, mongoose Arquivado 05 de maio de 2017 en Wayback Machine.
  19. "Symbolism of Mongoose in Art". indology list indology.info.
  20. "Kuber Golden Temple". kubergoldentemple.org. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2017. Consultado o 17 de xaneiro de 2017.
  21. Bonaparte, C.L. (1845). Catalogo Methodico dei Mammiferi Europei. Milan, Italy: L. di Giacomo Pirola. p. 1.
  22. Gittleman, J.L., ed. (1989). Carnivore Behavior, Ecology, and Evolution. Boston, USA: Springer. pp. 569–72. ISBN 978-1-4613-0855-3.
  23. Gray, J.E. (1865). "A revision of the genera and species of viverrine animals (Viverridae) founded on the collection in the British Museum". Proceedings of the Zoological Society of London: 502–579.
  24. Pocock, R.I. (1919). "The classification of mongooses (Mungotidae)". The Annals and Magazine of Natural History. 9 (3): 515–524.
  25. Yoder, A.D.; Burns, M.M.; Zehr, S.; Delefosse, T.; Veron, G.; Goodman, S.M.; Flynn, J.J. (2003). "Single origin of Malagasy carnivora from an African ancestor". Nature 421 (6924): 434–437. PMID 12610623. doi:10.1038/nature01303.
  26. Flynn, J.J.; Finarelli, J.; Zehr, S.; Hsu, J.; Nedbal, M. (2005). "Molecular phylogeny of the Carnivora (Mammalia): Assessing the Impact of Increased sampling on resolving enigmatic relationships". Systematic Biology 54 (2): 317–337. PMID 16012099. doi:10.1080/10635150590923326.
  27. Wilson, D.E.; Reeder, D.M., eds. (2005). Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494.
  28. Veron, G.; Colyn, M.; Dunham, A.E.; Taylor, P.; Gaubert, P. (2004). "Molecular systematics and origin of sociality in mongooses (Herpestidae, Carnivora)". Molecular Phylogenetics and Evolution 30 (3): 582–598. PMID 15012940. doi:10.1016/S1055-7903(03)00229-X.
  29. Barycka, Ewa (2005). "Evolution and systematics of the feliform Carnivora". Mammalian Biology 72 (5): 257–282. doi:10.1016/j.mambio.2006.10.011.
  30. Patou, M.; Mclenachan, P.A.; Morley, C.G.; Couloux, A.; Jennings, A.P.; Veron, G. (2009). "Molecular phylogeny of the Herpestidae (Mammalia, Carnivora) with a special emphasis on the Asian Herpestes". Molecular Phylogenetics and Evolution 53 (1): 69–80. PMID 19520178. doi:10.1016/j.ympev.2009.05.038.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Rasa, Anne (1986). Mongoose Watch: A Family Observed. Garden City, NY: Anchor Press/Doubleday & Co. ISBN 9780385231756. OCLC 12664019. Translation of Die perfekte Familie.
  • Hinton, H. E. & Dunn, A. M. S. (1967). Mongooses: Their Natural History and Behaviour. Berkeley: University of California Press. OCLC 1975837.
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Herpéstidos: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Os herpéstidos (Herpestidae), chamados a maioría deles mangostas, son unha familia de pequenos mamíferos carnívoros feliformes, dos que hai 14 xéneros e 34 especies, nativos do sur de Eurasia e da parte continental de África. Ningún vive en Galicia, aínda que no sur da península Ibérica foi introducida desde tempos antigos a mangosta exipcia (Herpestes ichneumon).

Tamén pertencen a esta familia as especies xeralmente chamadas suricatas (Suricata suricatta), mangostas ananas e cusimanses (xéneros Helogale e Crossarchus). Ao contrario, as seis especies de "mangostas" da illa de Madagascar, hoxe na familia Eupleridae, que inicialmente foran clasificadas dentro da familia Herpestidae, están máis relacionadas segundo as probas xenéticas con outros carnívoros de Madagascar da familia Eupleridae, polo que desde 2006 se lles asignou unha subfamilia Galidiinae dentro de Eupleridae e fóra de Herpestidae.

Os Herpestidae están clasificados na suborde Feliformia, xunto coas familias dos gatos, hienas e civetas.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician