dcsimg

Verbasco ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O verbasco[1] ou chopo[2] Verbascum thapsus, é unha especie da familia Scrophulariaceae natural de Europa, Asia occidental, África, América do Norte e o Himalaia, medra en terreos incultos, noiros e pradeiras secas.

 src=
Detalle da flor.
 src=
Ilustración.

Descrición

É unha planta herbácea bienal que acada 2 m de altura. Talo erecto ramificado e con lanuxe. As follas de até 50 cm de longo son ovais lanceoladas, alternas, aveludadas cunha peluxe branca ou prateada, formando unha roseta basal o primeiro ano. Durante o segundo ano érguese un único talo floral de 1 a 2 m de altura, este remata nunha inflorescencia, constituída por un acio mesto con numerosas flores de cor amarelo clara. As flores son pentámeras, case sésiles e con pedículos moi curtos (2 mm). Posúen cinco estames de dous tipos: tres superiores máis curtos con filamentos cubertos de vilosidades amarelas ou abrancazadas e anteras pequenas, mentres que os dous inferiores teñen filamentos glabros e anteras maiores, todos eles están fundidos aos pétalos. O cáliz é tubular de cinco lóbulos e unha corola de cinco pétalos, o último dos cales é de cor amarela clara e 2,5 cm máis estreito. O chopo produce pequenas cápsulas ovoides (6 mm) que se parten en dúas metades. Cada cápsula ten gran número de sementes miúdas de cor marrón (menos de 1 mm).

Propiedades

  • As flores teñen un pigmento amarelo que xa utilizaban a mulleres romanas para pór os cabelos loiros.
  • Expectorante utilizándose contra a asma e a bronquite.
  • Os fomentos da planta utilízanse contra as hemorroides ou almorrás.

Taxonomía

Verbascum thapsus foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 177. 1753.[3]

Citoloxía

Número de cromosomas de Verbascum thapsus (Fam. Scrophulariaceae) e táxones infraespecíficos: 2n=36[4]

Etimoloxía

Verbascum: nome xenérico que deriva do vocábulo latino Barbascum (barba), refiríndose á vilosidade que cobre a planta.

thapsus: epíteto xeográfico que alude á súa localización en (Tapso, Italia) Sicilia.[5]

Variedades
  • Verbascum thapsus L. forma candicans House
  • Verbascum thapsus L. subsp. neglectum (Guss.) Arcang.
  • Verbascum thapsus L. var. glabrum Cariot & St.-Lag.
  • Verbascum thapsus L. var. gymnostemon Rouy
  • Verbascum thapsus L. var. pseudothapsiforme (Rapin) Rouy
Sinonimia

Notas

  1. Nome vulgar galego en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004; Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009 e Vocabulario ortográfico da lingua galega. A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
  2. Nome vulgar en galego en Portal das Palabras - http://www.portaldaspalabras.org/buscador?id=320713&sinom=0 Arquivado 07 de abril de 2014 en Wayback Machine.
  3. "Verbasco". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 6 de xaneiro de 2013.
  4. Contribution à la connaissance cytotaxinomique des spermatophyta du Portugal. Fernandes, A., M. Queirós & M. F. Santos (1977) Bol. Soc. Brot. ser. 2 51: 37-90
  5. en Epítetos Botánicos
  6. "Northern Ontario Plant Database".

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Verbasco: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O verbasco ou chopo Verbascum thapsus, é unha especie da familia Scrophulariaceae natural de Europa, Asia occidental, África, América do Norte e o Himalaia, medra en terreos incultos, noiros e pradeiras secas.

 src= Detalle da flor.  src= Ilustración.
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician