dcsimg

Centrárquidos ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src=
Centrarchus macropterus
 src=
Área de distribución

Os Centrárquidos (Centrarchidae) son unha familia de peixes de auga doce, incluídas na orde dos Perciformes. A súa distribución redúcese ás augas continentais de Norteamérica.

Características

Corpo normalmente alto. O tamaño medio desta familia ronda os 20–30 cm, pero atopáronse exemplares de Micropterus salmoides que alcanzaban 1 m.

Teñen de 5 a 13 espiñas na aleta dorsal, aínda que a maioría das especies teñen de 10 a 12. Caracterízanse por presentar dous ou tres espiñas na anal.

O macho constrúe un niño aproveitando algunha depresión que aumenta coa boca, e logo vixía a posta.

Algunhas especies desta familia son moi apreciadas para a pesca deportiva, polo que se introduciron en áreas fóra do seu hábitat orixinal, o que ocasionou grandes danos medioambientais, ben por desprazar a outras especies autóctonas, ben por eliminalas por completo.

Situación en España

En España introducíronse as especies Micropterus salmoides e Lepomis gibbosus, e constatouse un desprazamento das especies autóctonas a espazos pouco favorables, co perigo de producir extincións locais.

Dáse o caso, ademais, de que especies controladoras das poboacións de peixes de río, como a londra (Lutra lutra), un dos principais depredadores ictiófagos das augas continentais ibéricas, non adoita consumir estas especies americanas, polo que nin ela consegue alimento suficiente nin a poboación alóctona resulta controlada.

Clasificación

Divídense en oito xéneros e 27 especies:

  • Subfamilia Centrarchinae
    • Xénero Ambloplites
    • Xénero Archoplites
    • Xénero Pomoxis
    • Xénero Centrarchus
    • Xénero Enneacanthus
  • Subfamilia Lepominae
    • Xénero Lepomis

Ademais de dous xéneros de clasificación incerta:

  • Xénero Micropterus
  • Xénero Acantharchus

Véxase tamém

Bibliografía

  • José Prenda, Francisco Blanco-Garrido, Virgilio Hermoso, Miguel Clavero e Arturo Menor. ¿Son realmente importantes las especies exóticas en la conservación de los Ríos Ibéricos? El caso de los peces. Departamento de Biología Ambiental y Salud Pública, Universidad de Huelva.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Centrárquidos: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src= Centrarchus macropterus  src= Área de distribución

Os Centrárquidos (Centrarchidae) son unha familia de peixes de auga doce, incluídas na orde dos Perciformes. A súa distribución redúcese ás augas continentais de Norteamérica.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician