As Apocynaceae son unha familia das dicotiledóneas que inclúe árbores, arbustos, herbas, ou lianas. Moitas especies son grandes árbores que se atopan na selva tropical, e a maioría son de procedencia dos trópicos e os subtrópicos. Algunhas son herbas perennes da zona tépeda. Estas plantas teñen saiba leitosa e moitas especies son velenosas se se inxiren
A familia, no seu sentido actual, está dividida en 366 xéneros aceptados[1] (dos 585 descritos[2] a familia Asclepiadaceae esta agora incluída na de Apocynaceae.) que inclúen unhas 4500-5500 especies aceptadas
Hai cinco subfamilias:
As especies desta familia distribúense primordialmente nas rexións tropicais:
As follas son simples, normalmente decusadas, ou verticiladas; carecendo de estípulas. As flores son normalmente espectaculares, simétricamente radiais (actinomorfica), reunidas en inflorescencias cimosas ou racemosas (raramente en fascículos ou solitarias). Son hermafroditas, con (cáliz de 5 lóbulos) ou sen sépalos. As inflorescencias son terminais ou axiales. Os estames están insertos no interior do tubo da corola. O ovario está normalmente situado na parte superior.
A froita é unha drupa, ou baga, unha cápsula ou un folículo.
As apocináceas teñen as seguintes características fitoquímicas: Presentan na maioría das veces alcaloides carbolínicos e outros alcaloides indólicos. Detectáronse iridoides nalgúns xéneros (Plumeria, Rauwolfia e Allamanda) Tamén presentan proantocianidinas, cianidina e delfinidina. Poden presentar kaempferol e/ou quercetina. Atopouse ácido ursólico. Os azucres son transportados como sacarosa ou como oligosacáridos. A fisioloxía C3 reportouse en Apocynum, Nerium, Pachypodium, Plumeria e Rhazya. O metabolismo CAM foi reportado directamente en Carissa (non-suculenta) e Pachypodium.[3]
Algunhas plantas desta familia tiveron unha importancia económica no pasado.
Os xéneros Carpodinus, Landolphia, Hancornia, Funtumia e Mascarenhasia foron unha fonte secundaria de caucho.
O mollo leitoso da Namibia Pachypodium foi usado como veleno para impregnar as puntas das frechas.
Os xéneros seguintes son plantas ornamentais: Amsonia (estrela azul), Nerium (adelfa), Vinca (pervinca), Carissa, Allamanda (trompeta dourada), Plumeria (frangipani), Thevetia (noz afortunada), Mandevilla (flor da sabana).
Rauvolfia cafra é a "árbore da Quinina", de Suráfrica. Rauvolfia serpentina ou "raíz de serpe" da India fornece os alcaloides reserpina e rescinamina.
Algúns son fontes de drogas, tales como glicosida, relacionado co funcionamento do corazón: Acokanthera, Apocynum, Cérbera, Nerium, Thevetia e Strophanthus.
O xénero Apocynum usouse como fonte de fibras polos nativos americanos.
As Apocynaceae son unha familia das dicotiledóneas que inclúe árbores, arbustos, herbas, ou lianas. Moitas especies son grandes árbores que se atopan na selva tropical, e a maioría son de procedencia dos trópicos e os subtrópicos. Algunhas son herbas perennes da zona tépeda. Estas plantas teñen saiba leitosa e moitas especies son velenosas se se inxiren