dcsimg

Aegaeon lacazei ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Aegaeon lacazei (Gourret, 1887) = Pontoicaris lacazei (Gourret, 1887) é unha especie de crustáceo malacostráceo decápodo carideo da familia dos crangónidos que habita nas costas do océano Atlántico, desde as illas Británicas até Suráfrica, no Mediterráneo (mares de Alborán, Adriático, Xónico e Exeo) e nas da rexión Indo-Pacífica (Madagascar, Tanzania, Polinesia francesa, Nova Caledonia).[1]

Taxonomía

A especie foi descrita en 1877 polo carcinólogo francés Paul Gourret co nome de Crangon lacazei,[1] que máis tarde foi reclasificada no xénero Pontocaris e, finalmente, no Aegaeon.

Nome galego

Os profesores F. Lahuerta e F. X. Vázquez propoñen para esta especie, que citan como Pontocaris lacazei, o nome de quisquilla blindada.[2]

Os nomes noutros idiomas, segundo este autores son:

  • Castelán: camarón blindado
  • Francés: crevette-crâne
  • Inglés: hardshell shrimp

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Aegaeon lacazei (Gourret, 1887) no WoRMS.
  2. Lahuerta e Vázquez (2000), p. 223.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Türkay, M. (2001): "Decapoda", en: Costello, M. J. et al. (eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Paris: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: 284-289. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Aegaeon lacazei: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Aegaeon lacazei (Gourret, 1887) = Pontoicaris lacazei (Gourret, 1887) é unha especie de crustáceo malacostráceo decápodo carideo da familia dos crangónidos que habita nas costas do océano Atlántico, desde as illas Británicas até Suráfrica, no Mediterráneo (mares de Alborán, Adriático, Xónico e Exeo) e nas da rexión Indo-Pacífica (Madagascar, Tanzania, Polinesia francesa, Nova Caledonia).

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician