Microstomus kitt é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos,[1] unha das catro que integran o xénero Microstomus,[2] e que é coñecida en galego como mendo,[3] e tamén como mendo limón.[4]
Trátase como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos ten o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo. dun peixe mariño, demersal, oceanódromo, de grande importancia económica, que pode alcanzar até os 65 cm de lonxitude e os 3 kg de peso, que habita en augas pouco profundas dos mares do noroeste de Europa, en fondos pedregosos de até profundidades duns 200 m, e que se distribúe desde o mar Cantábrico e o golfo de Biscaia, polo sur, até os mares de Barents e Branco, polo norte, incluíndo tamén as costas de Islandia.
A especie foi descrita en 1792 polo médico, naturalista e taxónomo alemán Johann Julius Walbaum, que lle adxudicou o nome de Pleuronectes kitt.
Ademais de polo nome orixinario e polo actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]
A bibliografía galega dispoñíbel pode dar lugar a confusións os nomes desta especie e de Glyptocephalus cynoglossus.
Como vimos, Rodríguez Solórzano el at. denominan a Microstomus kitt como mendo, e Lahuerta e Vázquez, como mendo limón.
Porén, estes últimos autores dan o sinónimo mendo a Glyptocephalus cynoglossus,[5] mentres que ámbalas autoridades designan a esta especie como coreano,[3][5]
Por outra parte cómpre dicir que no Gran dicionario Xerais da lingua, na súa edición de 2009, define MENDO2 como "peixe pleuronectiforme (Glyptocephalus cynoglossus) de corpo longo, con pintas circulares máis pardas có resto da pel polo lombo e a aleta pectoral negra"; e o Diccionario Cumio da lingia galega, de 1999, tamén define mendo, na súa 2ª acepción, como "peixe mariño malacopterixio (Glyptocephalus cynoglossus) de forma plana semellante ao linguado", definición que se repite no Gran dicionario Cumio da lingua galega, de 2004, e máis no Gran dicionario século 21 da lingua galega, de 2006, coediteado este último con Galaxia.
Ningún dos dicionarios destas editoriais define coreano co significado de peixe.
As principais características de Microstomus kitt son as seguintes:[3][6][7][8]
É un peixe mariño, demersal, oceanódromo, que vive en augas pouco profundas dos mares do noroeste de Europa, sobre todo en fondos pedregosos a profundidades de entre os 10 e os 200 m (usualmente, de 10 a 150 m).[7][9][10]
Encóntrase entre os 72° N e os 43° N, e entre os 26° W e os 45° E, desde o mar Cantábrico e o golfo de Biscaia, polo sur, até os mares de Barents e Branco, polo norte, incluíndo tamén as costas de Islandia.[11]
Aliméntase de pequenos organismos bentónicos: crustáceos, vermes poliquetos, ofiúras e moluscos (quitóns e bivalvos),[6] dos que semella que os poliquetos constitúen a base da súa dieta. Segundo parece, non se alimentan en inverno.[12]
Microstomus kitt alcanza a madurez sexual (os machos primeiro) cando mide entre os 23 e os 30 cm, cando ten de 3 a 6 anos de idade. A desova prodúcese en zonas abrigadas, a profundidades de entre 50 e 150 m na maior parte da súa área de distribución. Os ovos son peláxicos, e miden de 1 a 1,5 mm de diámetro. Cando eclosionan dan lugar a larvas, así mesmo peláxiicas, de 4,5 a 5,5 mm de lonxitude. As larvas permanecen en alta mar até que sofren a metamorfose que as transforma en peixes planos cando alcanzan entre 15 e 20 mm de lonxitude. Daquela, baixan cara ao fondo en augas relativamente profundas.[6]
Microstomus kitt péscase principalmente en inverno, mediante artes de arrastre, sendo unha valiosa captura adicional neste tipo de pesca.[6]
As capturas desta especie rondaban, nos anos 1990, as 10.000 t.[6] En 2007 a cota total de captura da Unión Europea (TAC) para Microstomus kitt e Glyptocephalus cynoglossus foi de 6.175 t, das cales foron apañadas 3.716 t, na súa maioría por pescadores do Reino Unido. No ano 2008 a TAC foi de 6.793 t e, en 2009, de 6.793 t.[13][14]
Comercialízase en fresco ou conservado en xeo.[6]
Microstomus kitt é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos, unha das catro que integran o xénero Microstomus, e que é coñecida en galego como mendo, e tamén como mendo limón.
Trátase como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos ten o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo. dun peixe mariño, demersal, oceanódromo, de grande importancia económica, que pode alcanzar até os 65 cm de lonxitude e os 3 kg de peso, que habita en augas pouco profundas dos mares do noroeste de Europa, en fondos pedregosos de até profundidades duns 200 m, e que se distribúe desde o mar Cantábrico e o golfo de Biscaia, polo sur, até os mares de Barents e Branco, polo norte, incluíndo tamén as costas de Islandia.