dcsimg

Dioscoreales ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Dioscoreales é o nome dun taxon de plantas situado na categoría taxonómica de orde, utilizado en sistemas de clasificación modernos como o sistema de clasificación APG III do 2009 e o APWeb (Stevens 2001 en diante), e está circunscrito obrigadamente polo menos pola familia Dioscoreaceae.[1][2] Dioscoreales é unha orde amplamente recoñecida, mais non na circunscrición dada polos sistemas de clasificación mencionados. Noutras clasificacións tendíase a situar dentro dos Dioscoreales practicamente a todas as monocotiledóneas lilioides con follas reticuladas (como Smilacaceae, Stemonaceae, ademais do mesmo Dioscoreaceae), pero as análises moleculares de ADN non avalan esa circunscrición. Como aquí circunscrito, posúe moitas rubideiras de follas reticuladas, aínda que non todas, e tamén ao micoparasítico Burmanniaceae, e ao autotrófico Nartheciaceae. En total suman 21 xéneros, con 1.037 especies (APWeb).

Descrición

Os representantes da orde conteñen saponinas esteroideas, os feixes vasculares en aneis, os vasos tamén no talo e a folla, as flores ou a inflorescencia con pelos glandulares, o estilo como moito curto, as pólas do estilo ben desenvolvidas, os tépalos persistentes no froito, o endotegmen taninífero, o embrión como moito curto.

Os tépalos de Narthecium ossifragum teñen 3 trazas foliares, os de Dioscoreaceae teñen unha soa.

Diversidade

A diversidade taxonómica das monocotiledóneas está presentada en detalle por Kubitzki (1998, 2006).[4][5]

A seguir a listaxe de diversidade de Dioscoreales. As descricións son deliberadamente incompletas. Para máis información siga as ligazóns.

 src=
Follas e inflorescencia de Narthecium ossifragum.

Nartheciáceas

As nartheciáceas están distribuídas nas zonas tépedas do Hemisferio Norte. A maioría poden ser recoñecidas polas súas follas isobifaciais e equitantes, e as súas inflorescencias racimosas bracteadas con flores pequenas, máis ben indistinguidas, típicas das monocotiledóneas, que teñen tépalos en parte ceibos que persisten baixo o froito capsular.

 src=
Follas e flores (violeta anegradas) de Tacca integrifolia. Nótense as brácteas filiformes.

Taccáceas

Esta familia, recoñecida polo APWeb, foi incluída nas dioscoreáceas en APG III (2009) e tamén en APG II (2003). Pantropicais, especialmente de Malaisia e o Pacífico, son herbas con follas de longo pecíolo e unha inflorescencia escaposa con flores de tamaño medio, violetas anngradas, con ovario ínfero, hai brácteas longas, filiformes, mesturadas entre as flores, e a placentación é parietal.

 src=
Thismia rodwayi (Fairy lantern, "lanterna de fada").

Thismiáceas

Esta familia, recoñecida polo APWeb, foi incluída nas burmanniáceas no APG III (2009) e no APG II (2003). As thismiáceas, distribuídas en todo o mundo pero de forma illada, son herbas pequenas, sen clorofila, que poden ser recoñecidas polas súas flores distintivas. As flores son usualmente solitarias e terminais, os tépalos externos son moitas veces bastante diferentes dos internos, usualmente hai un anel arrodeando a ampla garganta, os estams son inflexos, ou polo menos forman un cono no centro da flor, e o ovario é ínfero. As flores poden parecer como xelatina, ou quizais un grupo de cogomelos. Algunhas son moi pequenas, e actualmente estanse a describir moitos novos xéneros e especies.

 src=
Flor de Burmannia bicolor.

Burmanniáceas

As burmanniáceas en sentido estrito (excluíndo ás thismiáceas), maioritariamente tropicais especialmente suramericanas, son herbas máis ben pequenas, moitas veces sen clorofila, que poden ser recoñecidas polas súas flores de simetría radial, moitas veces máis ou menos azuis, cun ovario ínfero que moitas veces é alado. Os tépalos externos son máis longos ca os internos e só hai 3 estames, opostos aos tépalos internos.

Dioscoreáceas

As dioscoreáceas en sentido estrito (excluíndo ás taccáceas), principalmente tropicais, son plantas máis ou menos herbáceas con flores pequenas e non moi coloridas, o ovario é ínfero e moitas veces con cristas ou ás no froito. Moitas son rubideiras recoñecidas polas súas follas espiraladas, pecioladas, con pulvino nos dous extremos do pecíolo, a base da folla non arrodea o talo. A lámina ten moitas veas fortemente lonxitudinais e veas secundarias transversas, ou venación finamente reticulada.

Dioscoreales

Nartheciaceae

       

Taccaceae

   

Thismiaceae

    rama con < 50% "support"  

Burmanniaceae

   

Dioscoreaceae (incl. Trichopus)

         

Pandanales

   

Taxonomía

Introdución teórica en Taxonomía

A orde foi recoñecida pola APG III (2009), o Linear APG III (2009) asignoulle os números de familia 44 a 46. A orde xa fora recoñecida polo APG II (2003).[6]

A orde posúe as familias a seguir no APG III (2009), os números de familia asignados segundo o LAPG III (2009):

  • Nartheciaceae (familia nº 44)
  • Burmanniaceae (familia nº 45)
  • Dioscoreaceae (familia nº 46)

Outras familias ás veces recoñecidas aquí:

  • Taccaceae incluída en Dioscoreaceae en APG II e III (familia 46)
  • Thismiaceae incluída en Burmanniaceae en APG II e III (familia 45)
  • Trichopodaceae, recoñecida nalgunhas clasificacións, aquí está incluída en Dioscoreaceae (familia 46)

O sistema do Angiosperm Phylogeny Website posúe esta circunscrición no 2009:

  • familia Burmanniaceae
  • familia Dioscoreaceae (incluíndo Trichopodaceae)
  • familia Nartheciaceae
  • familia Taccaceae
  • familia Thismiaceae

O sistema APG II, de 2003], coloca a esta orde no clado das monocotiledóneas e usa esta circuncrición:

  • familia Burmanniaceae (incluíndo Thismiaceae)
  • familia Dioscoreaceae (incluíndo Taccaceae e Trichopodaceae)
  • familia Nartheciaceae

O sistema APG, de 1998, tamén a situaba no clado das monocotiledóneas con esta circunscrición:[7]

  • familia Burmanniaceae
  • familia Dioscoreaceae
  • familia Taccaceae
  • familia Thismiaceae
  • familia Trichopodaceae

En APG II a familia Thismiaceae foi incluída na familia Burmanniaceae, e as familias Taccaceae e Trichopodaceae incluídas na familia Dioscoreaceae. Así o cambio non é tan grande como semella, as únicas plantas traídas desde fóra da orde son aquelas da familia Nartheciaceae.

O sistema Cronquist, de 1981, non recoñece a orde, pero coloca a moitas plantas na orde Liliales na subclase Liliidae na clase Liliopsida (=monocotiledóneas) da división Magnoliophyta (=anxiospermas).

O sistema Dahlgren (1985) colocaba á orde no superorde Lilianae na subclase Liliidae (=monocotiledóneas) da clase Magnoliopsida (=anxiospermas) e usaba esta circunscrición:

  • familia Dioscoreaceae
  • familia Petermanniaceae
  • familia Rhipogonaceae
  • familia Smilacaceae
  • familia Stemonaceae
  • familia Taccaceae
  • familia Trichopodaceae
  • familia Trilliaceae

Sinónimos: Burmanniales Heinze, Nartheciales Reveal e Zomlefer, Taccales Dumortier, Tamales Dumortier, Dioscoreanae Reveal e Doweld, Burmanniidae Heintze

Evolución

Dioscoreales foi frecuentemente considerado de monocotiledóneas primitivas (Dahlgren et al. 1985, Stevenson e Loconte 1995), unha posición non sostida polas análises cladísticas realizados sobre secuencias de ADN (Chase et al. 1995a, 1995b, 2000, Soltis et al. 2000).

O grupo troncal Dioscoreales está datado en preto de 124 millóns de anos até o presente, o grupo coroa Dioscoreales está datado en preto de 123 millóns de anos até o presente (Janssen e Bremer 2004).[8]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Angiosperm Phylogeny Website (Versión 9, junio del 2008, y actualizado desde entonces)".
  2. 2,0 2,1 The Angiosperm Phylogeny Group III ("APG III", en orden alfabético: Brigitta Bremer, Kåre Bremer, Mark W. Chase, Michael F. Fay, James L. Reveal, Douglas E. Soltis, Pamela S. Soltis y Peter F. Stevens, además colaboraron Arne A. Anderberg, Michael J. Moore, Richard G. Olmstead, Paula J. Rudall, Kenneth J. Sytsma, David C. Tank, Kenneth Wurdack, Jenny Q.-Y. Xiang y Sue Zmarzty). "An update of the Angiosperm Phylogeny Group classification for the orders and families of flowering plants: APG III.". Botanical Journal of the Linnean Society (161). Arquivado dende o orixinal (pdf) o 25 de maio de 2017. Consultado o 22 de xuño de 2017.
  3. Elspeth Haston, James E. Richardson, Peter F. Stevens, Mark W. Chase, David J. Harris. The Linear Angiosperm Phylogeny Group (LAPG) III: a linear sequence of the families in APG III Botanical Journal of the Linnean Society, Vol. 161, No. 2. (2009), pp. 128-131. doi:10.1111/j.1095-8339.2009.01000.x Key: citeulike:6006207 pdf: http://onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1111/j.1095-8339.2009.01000.x/pdf
  4. Kubitzki, K. (ed.). The families and genera of vascular plants, vol 3, Monocotyledons: Lilianae (except Orchidaceae). Springer-Verlag.
  5. Kubitzki, K. (ed.). The families and genera of vascular plants, vol 4, Monocotyledons: Alismatanae and Commelinanae (except Gramineae). Springer-Verlag.
  6. THE ANGIOSPERM PHYLOGENY GROUP (2009-10). "An update of the Angiosperm Phylogeny Group classification for the orders and families of flowering plants: APG III: APG III". Botanical Journal of the Linnean Society (en inglés) 161 (2): 105–121. doi:10.1111/j.1095-8339.2009.00996.x.
  7. Angiosperm Phylogeny Group. "An ordinal classification for the families of flowering plants.". Ann. Misouri Bot. Gard.
  8. Janssen, T. "The age of major monocot groups inferred from 800+ rbcL sequences.". Bot. J. Linnean Soc.

Véxase tamén

Bibliografía

  • "Dioscoreaceae". Plant systematics: a phylogenetic approach, Third edition (Sinauer Axxoc ed.). ISBN 978-0-87893-407-2. ()
  • "Dioscoreales". Phylogeny and evolution of angiosperms. Sinauer Associates. ()
  • Stevens, P. F. (2001 en diante). "Dioscoreales".

Lecturas suxestionadas

  • Ayensu, E. S. (1972). C. R. Metcalfe (ed.). "Dioscoreales.". Anatomy of the Monocotyledons, Vol. 6. Clarendon Press.Oxford: Clarendon Press. para morfolgía e anatomía.
  • Bouman, F. (1995). P. J. Rudall, P. J. Cribb, D. F. Cutler y C. J. Humphries (ed.). "Seed structure and systematics in Dioscoreales.". Monocotyledons: Systematics and Evolution. Royal Botanic Gardens.Kew: Royal Botanic Gardens. pp. para a cuberta seminal
  • Oganezova, G. H.; Koizumi, E., Yokota, M., e Tsukaya, H. (2000). Oganezova, G. H. "Systematic position of the Trilliaceae, Smilacaceae, Herreriaceae, Tecophilaeaceae, Dioscoreaceae families and the volume and phylogeny of the Asparagales (based on seed structure).". Bot. Zhurn. (9). (axuda); |fechaacceso= |url= () para a cuberta seminal (en ruso)
  • Caddick, L. R.; Furness, C. A., Stobart, K. L., e Rudall, P. A. (1998). Caddick, L. R. "Microsporogenesis and pollen morphology in Dioscoreales and allied taxa.". Grana. (axuda); |fechaacceso= |url= () para a morfología e o desenvolvemento do pole.
  • Schols, P.; Furness, C. A., Merckx, V., Wilkin, P., e Smets, E. (2005). Schols, P. "Comparative pollen development in Dioscoreales.". Internat. J. Plant Sci. (axuda); |fechaacceso= |url= () para a morfología e o desenvolvemento do pole de Nartheciaceae e Dioscoreaceae.
  • Caddick, L. R.; Rudall, J. R., Wilkin, P., Heddersonn, T. A. J., e Chase, M. W. (2002a). Caddick, L. R. "Phylogenetics of Dioscoreales based on combined analyses of morphological and molecular data.". Bot. J. Linn. Soc. (138). (axuda); |fechaacceso= |url= () para morfología floral e desenvolvemento
  • Caddick, L. R.; Wilkin, P., Rudall, J. R., Heddersonn, T. A. J., e Chase, M. W. (2002b). Caddick, L. R. "Yams reclassified: a recircumscription of Dioscoreaceae and Dioscoreales.". Taxon (51). (axuda); |fechaacceso= |url= () para información xeral de morfología e relacións na orde.
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Dioscoreales: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Dioscoreales é o nome dun taxon de plantas situado na categoría taxonómica de orde, utilizado en sistemas de clasificación modernos como o sistema de clasificación APG III do 2009 e o APWeb (Stevens 2001 en diante), e está circunscrito obrigadamente polo menos pola familia Dioscoreaceae. Dioscoreales é unha orde amplamente recoñecida, mais non na circunscrición dada polos sistemas de clasificación mencionados. Noutras clasificacións tendíase a situar dentro dos Dioscoreales practicamente a todas as monocotiledóneas lilioides con follas reticuladas (como Smilacaceae, Stemonaceae, ademais do mesmo Dioscoreaceae), pero as análises moleculares de ADN non avalan esa circunscrición. Como aquí circunscrito, posúe moitas rubideiras de follas reticuladas, aínda que non todas, e tamén ao micoparasítico Burmanniaceae, e ao autotrófico Nartheciaceae. En total suman 21 xéneros, con 1.037 especies (APWeb).

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician