dcsimg

Listeriáceas ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

As Listeriáceas ou Listeriaceae son unha familia de bacterias grampositivas da orde Bacillales, cuxo xénero tipo é Listeria (nomeada en honor ao médico británico Joseph Lister), e que comprende tamén o xénero Brochothrix.[1]

As especies do xénero Listeria poden encontrarse no chan, augas residuais, plantas e feces de seres humanos e animais sans. Brochothrix atópase principalmente no chan, carnes, herba e ensilados e carnes refrixeradas.[2].

Características

Son bacilos. Aerobias ou anaerobias facultativas. Non forman esporas. Son positivas na probas da catalase e na reacción de Voges-Proskauer. As do xénero Brochothrix non son móbiles, pero as Listeria teñen mobilidade por flaxelos peritricos. As temperaturas óptimas para Brochothrix están entre 20 e 25 °C e para Listeria entre 30 e 37 °C.

Patoxenia

O principal patóxeno da familia é a Listeria monocytogenes que causa no home a listeriose. Listeria ivanovii e Listeria monocytogenes son parasitas de animais. Como Listeria monocytogenes e Brochothrix thermosphacta son tolerantes ao frío poden sobrevivir en alimentos refrixerados. B. thermosphacta pode estragar as carnes, pero non é patóxena para os humanos ou animais.[3]

Notas

  1. 1,0 1,1 JP. Euzéby: List of Prokaryotic Names with Standing in Nomenclature. Familie Listeriaceae Arquivado 23 de maio de 2012 en Wayback Machine. Stand: 26. April 2013.
  2. Martin Dworkin, Stanley Falkow, Eugene Rosenberg, Karl-Heinz Schleifer, Erko Stackebrandt: The prokaryotes, 3ª edición, Volume 3: Archaea, Bacteria: Firmicutes, Actinomycetes. Springer-Verlag, New York u. a. O. 2006, ISBN 978-0-387-25493-7 (libro), ISBN 978-0-387-30747-3 (online), doi:10.1007/0-387-30743-5
  3. Springer reference

Véxase tamén

Bibliografía

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Listeriáceas: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

As Listeriáceas ou Listeriaceae son unha familia de bacterias grampositivas da orde Bacillales, cuxo xénero tipo é Listeria (nomeada en honor ao médico británico Joseph Lister), e que comprende tamén o xénero Brochothrix.

As especies do xénero Listeria poden encontrarse no chan, augas residuais, plantas e feces de seres humanos e animais sans. Brochothrix atópase principalmente no chan, carnes, herba e ensilados e carnes refrixeradas..

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician