O dos aculíferos (Aculifera), tamén chamados anfineuros[2] (Amphineura), é un dos dous subfilos en que tradicionalmente se divide o filo dos moluscos.[3] O outro é o dos conchíferos.[4]
Inclúe os aplacóforos (caudofoveados e solenogastros) e os poliplacóforos (quitóns). A validez deste grupo vén avalada por estudos xenéticos.[5]
Porén, algúns autores inclúen tamén outros moluscos do subfilo dos conchíferos (Hatscheck in Blumrich, 1891; Scheltema, 1993) ou, alternativamente, inclúen só os aplacóforos, ao lado do subfilos placóforos e conchíferos (Stasek, 1972).[3] (Véxase "Clasificación" máis abaixo).
Os representantes máis antigos dos aculíferos (moluscos con espículas ou placas) e dos conchíferos (moluscos con cuncha) datan do cámbrico temperán. Porén, o rexistro fósil non achega información de organismos que puideran seren antepasados de ambos os grupos, polo que o modelo de molusco ancestral permanece incerto.[6]
A diferenza dos conchíferos teñen o manto recuberto, total ou parcialmente, por unha cutícula con espiñas, e carecen de estatocisto, Todas as especies son mariñas.[7]
O subfilo foi descrito en 1891 polo zoólogo austríaco Berthold Hatschek, no prólogo ao traballo de: Blumrich J. (1891): "Das Integument der Chitonen". Zeitschrift für Wissenschaftliche Zoologie 52, 404– 476.[3]
O termo do latín científico Aculifera está formado sobre a raíz aculi- do adxectivo latino aculeātus, -a, -um, 'provisto de espiñas', de aculeus, -i, 'aguión', 'punta', 'puga', e o elemento -fera, plural de -ferus, derivado do verbo fero, 'levar', aludindo ás espiñas que levan na cutícula do manto estes animais.
Os úlimos datos dispoñíbeis[8][9] apoiarían unha relación filoxenética entre os solenogastros, os caudofoveados e os poliplacódoros (conchíferos) polo que os aplacóforos (e, polo tanto, os aculíferos) sería parafilético. Porque as agrupaciónes das clases dos moluscos en clados é moi controvertida.[3] (Ver clasificación dos moluscos, en Moluscos).
Propuxéronse diferentes clasificacións para os moluscos, algunha das cales non consideran os aculíferos.[10]
A clasificación clásica é a seguinte:
Diversas Árbores filoxenéticas propostas para os moluscos.
ConchiferaMollusca Aculifera Aplacophora Conchifera Cyrtosoma Diasoma
Outra hipótese considera que os Aculifera son un grupo non natural (parafilético). Segundo esta teoría, por un lado Caudofoveata sería o grupo irmán de Solenogastres e o resto dos moluscos e, por outro lado, Solenogastres formaría o grupo irmán de Polyplacophora e os moluscos restantes:
MolluscaSegundo a hipótese de que os aplacóforos son un grupo irmáno do resto dos moluscos:
Mollusca Aplacophora Eumollusca ou TestariaO dos aculíferos (Aculifera), tamén chamados anfineuros (Amphineura), é un dos dous subfilos en que tradicionalmente se divide o filo dos moluscos. O outro é o dos conchíferos.
Inclúe os aplacóforos (caudofoveados e solenogastros) e os poliplacóforos (quitóns). A validez deste grupo vén avalada por estudos xenéticos.
Porén, algúns autores inclúen tamén outros moluscos do subfilo dos conchíferos (Hatscheck in Blumrich, 1891; Scheltema, 1993) ou, alternativamente, inclúen só os aplacóforos, ao lado do subfilos placóforos e conchíferos (Stasek, 1972). (Véxase "Clasificación" máis abaixo).
Os representantes máis antigos dos aculíferos (moluscos con espículas ou placas) e dos conchíferos (moluscos con cuncha) datan do cámbrico temperán. Porén, o rexistro fósil non achega información de organismos que puideran seren antepasados de ambos os grupos, polo que o modelo de molusco ancestral permanece incerto.