Os Siluriformes son unha orde de peixes teleósteos, da superorde Ostariofisos (Ostariophysi). Reúne unhas 2.200 especies, das que 1.200 viven en América do Sur, entre as que a máis coñecida é o chamado peixe gato. Case a totalidade son peixes de auga doce, se ben dúas familias son mariñas. Adoitan ser preeiros nocturnos e vivir cerca do fondo en augas pouco profundas.
Reciben o nome popular de peixe gato polos tentáculos ou barbas que presentan a cada lado da mandíbula superior e, nalgunhas especies, tamén da mandíbula inferior, que semellan os bigotes dun gato.
As aletas dorsais e pectorais adoitan estar provistas de espiñas puntiagudas, ás veces velenosas, que utilizan como defensa e que poden chegar a ocasionar graves feridas. Algunhas especies están cubertas de placas óseas embutidas baixo unha pel lisa.
O peixe gato común foi introducido en Europa desde Norteamérica e prosperou notablemente, sobre todo en Europa central. Ten catro barbas na mandíbula superior e catro na inferior, e habita en ríos de curso lento. O siluro é o peixe gato máis grande (os rexistros máximos de FishBase son 5 metros de lonxitude e 306 quilos de peso[1]).
Comprende 38 familias e máis de 2.200 especies: