dcsimg

Adoxaceae ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src=
Lourentino ou follado (Viburnum tinus), inflorescencia.
 src=
Sambucus racemosa, inflorescencias.

As adoxáceas (Adoxaceae) son unha familia de anxiospermas pertencente á orde das dipsacales. Comporta cinco xéneros aceptados cunhas 200 especies.[1] A esta familia pertencen arboriñas galegas coma o lourentino ou o sabugueiro.

Descrición

Son arbustos ou, con menor frecuencia, herbas perennes o pequenas árbores. As follas son opostas, simples ou compostas (ternadas, biternadas, ternado-pinnadas, biternado-pinnadas ou imparipinadas. As flores son solitarias ou organizadas en panículas terminais ou umbeladas, espigas ou cimas. Ditas flores son hermafroditas, con cáliz e corola algo connados, tri a pentameras. Os estames, extrorses, en número de 5 en Sambucus e Viburnum, 3-5 en Adoxa e Sinadoxa están insertados no tubo da corola e acompañados de 3-5 estaminodios en espiral interior. O ovario é semi-ínfero a ínfero, con 1-5-loculos, 3-5 estilos connados ou libres. Os froitos son drupas cunha única semente de abundante endospermo ruminado.[1][2]

En anteriores clasificacións, a familia estaba composta dunha soa especie Adoxa moschatellina (moscatelina). Os xéneros Sambucus (sabugueiros) e Viburnum (viburnos e lourentinos) estaban previamente incluídos na familia das madreselvas ou chuchameles Caprifoliaceae, mais probas xenéticas segundo a Clasificación filoxenética APG amosaron que nesta familia eran máis axeitados.[1]

A moscatelina é unha planta herbácea pequena, florea a principios de primavera e murcha até o nivel do chan no verán inmediatamente despois de que as bagas madurecen; as follas son compostas.

Os sabugueiros son na súa maioría arbustos, mais dúas especies son plantas arbóreas; todas teñen follas compostas.

Os viburnos e lourentinos son todos arbustos, con follas simples.

Taxonomía

A familia foi descrita por Ernst Heinrich Friedrich Meyer e publicada en Preussens Pflanzengattungen 198. 1839.[3] O xénero tipo é: Adoxa

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  1. Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. (eds.) 2011. Fl. Antioquia: Cat. 2: 9–939. Universidad de Antioquia, Medellín.
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Adoxaceae: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src= Lourentino ou follado (Viburnum tinus), inflorescencia.  src= Sambucus racemosa, inflorescencias.

As adoxáceas (Adoxaceae) son unha familia de anxiospermas pertencente á orde das dipsacales. Comporta cinco xéneros aceptados cunhas 200 especies. A esta familia pertencen arboriñas galegas coma o lourentino ou o sabugueiro.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician