dcsimg

Chelonoidis phantasticus ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A tartaruga xigante de Fernandina (Chelonoidis phantasticus) é unha especie de tartaruga da familia Testudinidae, endémica dunha das illas que compoñen o arquipélago das illas Galápagos, pertencente a Ecuador.[2] Aínda que se cría extinta dende o ano 1906, en 2019 descubriuse un exemplar na súa illa de orixe. Integra o complexo de especies denominado complexo Chelonoidis nigra.

Distribución

É unha especie endémica da illa Fernandina, no arquipélago das illas Galápagos.

Taxonomía

Esta especie integra, xunto ós outros taxóns, o complexo Chelonoidis nigra o que inclúe a todas as especies de tartarugas nativas das illas Galápagos. Anteriormente, este taxón e os demais do complexo, eran considerados subespecies de Chelonoidis nigra, pero novos estudos permitiron separalos como especies plenas.[3][4][5]

 src=
A distribución de tódolos taxóns de tartarugas das illas Galápagos.

Hábitat

A illa Fernandina ten unha superficie de 64 200 ha. O seu punto máis alto elévase a 1494 msnm. É a máis recente, a máis occidental, e a terceira máis grande das illas do arquipélago. De todo o arquipélago, Fernandina é a illa que mantivo o seu ecosistema de maneira máis primitiva, a área restante é ocupada por asentamentos humanos que xa existían no tempo da declaratoria, os cales posúen 25 000 habitantes.

Un dos volcáns máis activos do mundo atópase nesta illa; con diversos tipos de fluxos de lava ardente que descenden polas súas ladeiras, os que nalgúns casos chegan até o mar. Tamén se atopan áreas de mangleiral.

 src=
O hábitat onde vive esta especie, redescubierta en 2019 críase extinta hai 100 anos.

Alimentación

Aliméntase posiblemente de froitos silvestres, gramíneas, e cactáceas.

Poboación sobreviviente e conservación

Aínda que para a IUCN é unha especie «extinta», xa que no ano 1906 esta especie deuse a coñecer por un solitario exemplar macho atopado (e morto) por membros da expedición da Academia de Ciencias de San Francisco, houbo un descubrimento de excrementos de tartaruga no ano 1964. Porén non foi até o 19 de febreiro de 2019, cando unha expedición con especialistas do Parque Nacional Galápagos e a organización non gobernamental Galápagos Conservancy localizaron un espécime (femia adulta).[6]

Notas

  1. Rhodin, A.G.J., Gibbs, J.P., Cayot, L.J., Kiester, A.R. & Tapia, W. (2018). "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 22 de febreiro de 2019.
  2. {{{genus}}} {{{species}}} na Reptarium.cz Reptile Database
  3. TFTSG, 2010. Turtles of the World, Update:Annotated Checklist of Taxonomy, Synonymy, Distribution, and Conservation Status (Checklist 000v3) páx. 117
  4. Pritchard, P. C. H. 1979. Encyclopedia of turtles. T. F. H. Publ., Inc., Neptune, New Xersei. 895 pp.
  5. Caccone, A., J. P. Gibbs, V. Ketmaier, E. Suatoni, and J. R. Powell. 1999. Origin and evolutionary relationships of giant Galapagos tortoises. Proc. Nat. Acad. Sci. 96(23): 13223-13228.
  6. "Hallan en Galápagos una especie de tortuga extinta desde hace más de un siglo".
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Chelonoidis phantasticus: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A tartaruga xigante de Fernandina (Chelonoidis phantasticus) é unha especie de tartaruga da familia Testudinidae, endémica dunha das illas que compoñen o arquipélago das illas Galápagos, pertencente a Ecuador. Aínda que se cría extinta dende o ano 1906, en 2019 descubriuse un exemplar na súa illa de orixe. Integra o complexo de especies denominado complexo Chelonoidis nigra.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician