Os rizarios ou Rhizaria é un supergrupo de microorganismos que comprende numerosas especies de protistas eucariotas unicelulares.[1][2] Este supergrupo foi proposto por Cavalier-Smith en 2002. Os seus membros varían considerablemente en forma, pero a maior parte son ameboides con pseudópodos filosos, reticulosos, ou sostidos por microtúbulos. Moitos producen cunchas ou esqueletos, que poden ser bastante complexos en estrutura, e forman a gran maioría dos protozoos fósiles. Case todos teñen mitocondrias con cristas tubulares.
Hai tres grupos principais dentro de Rhizaria:[3]
Algúns outros grupos, como Phytomyxea e Ascetosporea, parasitos de plantas e animais respectivamente, e a peculiar ameba Gromia, poden incluírse dentro dos cercozoos, pero nalgunhas árbores filoxenéticas sitúanos preto dos foraminíferos. Os diferentes grupos que forman Rhizaria considéranse moi emparentados baseándose principalmente nas súas semellanzas xenéticas, e foron considerados como unha extensión de Cercozoa. O nome Rhizaria para o grupo ampliado foi establecido por Cavalier-Smith en 2002,[4] o cal tamén incluíu os centrohélidos e Apusozoa.
Rhizaria forma parte do clado Bikonta de eucariotas, que tamén comprende os Archaeplastida, os Chromalveolata, os Excavata, e algúns grupos menores difíciles de situar como Apusozoa e os Centrohelida. Como membros de Bikonta, todos descenden dun eucariota heterótrofo con flaxelos.
Historicamente, moitos rhizaria foron considerados animais, debido á súa mobilidade e metabolismo heterótrofo. Porén, cando se implantou o sistema de 5 reinos e substituíu ao de dous (animal, vexetal), os organismos hoxe incluídos en Rhizaria foron situados no reino Protista (Rhizaria substitúe a parte do grupo dos rizópodos das antigas clasificacións). Máis tarde, a atención dos taxonomistas centrouse na clasificación do dominio eucariota e no carácter parafilético do reino Protista. Despois de moito debate, que aínda continúa, os Rhizaria emerxeron como un grupo monofilético.[5]
Os rizarios ou Rhizaria é un supergrupo de microorganismos que comprende numerosas especies de protistas eucariotas unicelulares. Este supergrupo foi proposto por Cavalier-Smith en 2002. Os seus membros varían considerablemente en forma, pero a maior parte son ameboides con pseudópodos filosos, reticulosos, ou sostidos por microtúbulos. Moitos producen cunchas ou esqueletos, que poden ser bastante complexos en estrutura, e forman a gran maioría dos protozoos fósiles. Case todos teñen mitocondrias con cristas tubulares.