dcsimg
Sivun Symbion kuva
Life » » Metazoa »

Symbion

Cycliophora

Ciclióforos ( galicia )

tarjonnut wikipedia gl Galician

Os ciclióforos (Cycliophora, do grego κύκλος kýklos, "círculo", "roda" e φορός phorós "portador", é dicir, "os que levan rodas", debido a unha pequena coroa que rodea a boca de ditos organismos) son un filo de animais descuberto en 1995 por Reinhardt Kristensen e Peter Funch da Universidade de Copenhaguen na boca de Nephrops norvegicus (a cigala).[1]

Trátase dun grupo de seres mariños, triblásticos, acelomados, con simetría bilateral, que inclúe un único xénero, Symbion, con dúas especies descritas Symbion pandora e Symbion americanus. [2]A segunda das especies encontrouse na boca de Homarus americanus (o lumbrigante americano)[3] e aínda hai outras, de momento sen describir, encontradas na boca de Homarus gammarus (o lumbrigante).

Características

Os zoólogos decidiron crear este filo xa que estes seres posúen un gran número de características que os diferencian doutros filos como a súa morfoloxía, a sexualidade etc., non encaixando con ningún dos actualmente existentes.

  • Dende o punto de vista da súa sexualidade este grupo presenta unhas características propias como son a presenza de tres tipos de formas: unha de maior tamaño asexuada, uns machos máis pequenos unidos ás formas anteriores e unhas femias de tamaño intermedio.
  • En canto ao aparato dixestivo, os individuos presentan un embude bucal cunha coroa de cilios na parte superior do tronco coa misión de atrapar o alimento. Ao seren transparentes, pódense apreciar no interior do seu corpo un tubo dixestivo que ten estrutura en U, estando o ano preto do embude.
  • Na parte inferior do tronco obsérvanse xemas internas que corresponden a embrións en diferentes estados de desenvolvemento.
  • O ciclo biolóxico pasa por unha fase asexual e outra fase sexual que acaba xerando unhas larvas que producen novos individuos asexuados.
  • Viven adheridos as mandíbulas das cigalas (ou dos lumbrigantes, segundo as especies) mediante un curto pedúnculo que remata nun disco adhesivo.
  • O seu tamaño e inferior a 1 mm de lonxitude.

Notas

  1. P. Funch & R. M. Christensen (1995): "Cycliophora is a new phylum with affinities to Entoprocta and Ectoprocta", Nature, 378: 711–714. [1]
  2. Obst, Matthias; Funch, Peter & Giribet, Gonzalo (2005-10-17). "Hidden diversity and host specificity in cycliophorans: a phylogeographic analysis along the North Atlantic and Mediterranean Sea". Molecular Ecology (en inglés) 14 (14): 4427–4440. doi:10.1111/j.1365-294X.2005.02752.x.
  3. Neves, R. C.; Kristensen, R. M. e Wanninger A (2009): "Three-dimensional reconstruction of the musculature of various life cycle stages of the cycliophoran Symbion americanus". J. Morphol. 270 (3): 257–70. PMID 18937332.

Véxase tamén

lisenssi
cc-by-sa-3.0
tekijänoikeus
Autores e editores de Wikipedia
alkuperäinen
käy lähteessä
kumppanisivusto
wikipedia gl Galician

Ciclióforos: Brief Summary ( galicia )

tarjonnut wikipedia gl Galician

Os ciclióforos (Cycliophora, do grego κύκλος kýklos, "círculo", "roda" e φορός phorós "portador", é dicir, "os que levan rodas", debido a unha pequena coroa que rodea a boca de ditos organismos) son un filo de animais descuberto en 1995 por Reinhardt Kristensen e Peter Funch da Universidade de Copenhaguen na boca de Nephrops norvegicus (a cigala).

Trátase dun grupo de seres mariños, triblásticos, acelomados, con simetría bilateral, que inclúe un único xénero, Symbion, con dúas especies descritas Symbion pandora e Symbion americanus. A segunda das especies encontrouse na boca de Homarus americanus (o lumbrigante americano) e aínda hai outras, de momento sen describir, encontradas na boca de Homarus gammarus (o lumbrigante).

lisenssi
cc-by-sa-3.0
tekijänoikeus
Autores e editores de Wikipedia
alkuperäinen
käy lähteessä
kumppanisivusto
wikipedia gl Galician