dcsimg

Sorgo ( الجاليكية )

المقدمة من wikipedia gl Galician

O sorgo[1] é o nome común de calquera planta do xénero Sorghum spp. Un xénero dunhas 20 especies de gramíneas[2] orixinarias das rexións tropicais e subtropicais de África oriental. Ten a súa orixe en África do leste e procede das variedades salvaxes en Etiopía hai 5.000 anos. Cultívanse na súa zona de orixe, Europa, América e Asia como cereal para consumo humano, animal, na produción de forraxes, e para a elaboración de bebidas alcólicas e vasoiras. A súa resistencia á seca e á calor faino un cultivo importante en rexións áridas, e é un dos cultivos alimentarios máis importantes do mundo.

É a quinta colleita de cereal no mundo, canto á súa produción (470.000 km², colleitado en 1996). O produtor máis grande é Estados Unidos.

O sorgo coñécese con varios nomes: millo grande e millo de Guinea en África occidental, kafir en África austral, duro no Sudán, mtama en África oriental, iowar na India e kaoliang na China (Purseglove, 1972).

As moitas subespecies divídense en catro grupos: sorgos do gran, sorgos da herba (para o pasto e o feo), sorgos doces (xaropes do sorgo), e millo tipo vasoira (para as vasoiras e os cepillos).

Ao se tratar dun alimento carente de glute, representa unha opción nutritiva para as persoas celíacas. Posúe propiedades antidiarreicas, ou adstrinxentes, e homeostáticas.

O sorgo común (Sorghum vulgare ou Sorghum bicolor) é a especie máis estendida, cuxas sementes se utilizan para facer fariña e a planta como forraxe.

Etimoloxía

A verba galega sorgo é tomada do italiano e este do latín moderno sorghum, que moi probabelmente provén do latín vulgar syricum; é dicir, proveniente de Siria. Rexión onde os romanos seica coñeceron esta graminea. O nome xenérico Sorghum imposto por Moench foi conservado oficialmente desde 1794 , de xeito que Sorgum L. non é válido.[3][4]

Descrición

O xénero Sorghum caracterízase por pequenas espigas que nacen a pares. O sorgo cultívase como planta anual, aínda que é herba perenne e nos trópicos pode colleitarse varias veces no ano.

O sorgo ten unha altura de 1 a 2 m. Ten inflorescencias tipo mazaroca e sementes de 3 mm, esféricas e oblongas, de cor negra, avermellada e amarelenta. Ten un sistema radicular que pode chegar en terreos permeábeis a 2 m de profundidade. As flores teñen estames e pistilos.

O valor enerxético do gran de sorgo é un pouco inferior ao do millo. Pódese estimar como media 1,08 UF/kg. Comparándoo co gran de millo, o do sorgo é xeralmente un pouco máis rico en proteínas, porén máis pobre en materia graxa; como as do millo, son dun valor biolóxico bastante feble; son particularmente deficitarias en lisina.

Especies

  • Sorghum almum
  • Sorghum amplum
  • Sorghum angustum
  • Sorghum arundinaceum
  • Sorghum bicolor (principal especie cultivada)[5]
  • Sorghum brachypodum
  • Sorghum bulbosum
  • Sorghum burmahicum
  • Sorghum controversum
  • Sorghum drummondii
  • Sorghum ecarinatum
  • Sorghum exstans
  • Sorghum grande
  • Sorghum halepense
  • Sorghum interjectum
  • Sorghum intrans
  • Sorghum laxiflorum
  • Sorghum leiocladum
  • Sorghum macrospermum
  • Sorghum matarankense
  • Sorghum miliaceum
  • Sorghum nigrum
  • Sorghum nitidum
  • Sorghum plumosum
  • Sorghum propinquum
  • Sorghum purpureosericeum
  • Sorghum stipoideum
  • Sorghum timorense
  • Sorghum trichocladum
  • Sorghum versicolor
  • Sorghum virgatum
  • Sorghum vulgare

Produción

Os datos da FAO sobre os maiores produtores de sorgo refírense ao conxunto das especies, aínda que se presupón que a meirande parte corresponde á especie Sorghum bicolor.

Enfermidades

Insectos

  • Heliothis sp.. É un lepidóptero que tamén afecta a outros cultivos.
  • Spodoptera frugiperda. Aliméntase das partes tenras das follas, dana a panícula antes de que emerxa e despois do gran en desenvolvemento.
  • Spodoptera exigua. Os ovos deste insecto deposítanse nas follas e ao nacer as larvas aliméntanse desta dende o bordo, deixando so o nervio central, tamén se poden alimentar do gran en proceso de maduración.
  • Tetranychus urticae. É un pequeno ácaro apenas visíbel a simple vista
  • Contarinia sorghicola. É unha mosca que ataca durante a floración, podendo chegar a causar perdas do 100%. Pon os ovos nas flores e as súas larvas aliméntanse do gran en formación impedindo o seu desenvolvemento.
  • Elasmopalpus lignoselus ou furador do talo. As bolboretas poñen os ovos no envés da folla e as larvas aliméntanse primeiro do tecido destas, furandoo despois o talo e introducíndose no seu interior e facendo galerías.

Patóxenos

Taxonomía

O xénero foi descrito por Conrad Moench e publicado en Methodus Plantas Horti Botanici et Agri Marburgensis : a staminum situ describendi 207. 1794.[6] A especie tipo é: Sorghum bicolor (L.) Moench.

Citoloxía

Ten un número de cromosomas de: x = 5. 2n = 10, 20, e 40 (e aneuploides - 26, 33, 38–39 etc.). Cromosomas ‘pequenos’.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sorgo.
  2. Watson L, Dallwitz MJ. (2008). "The grass genera of the world: descriptions, illustrations, identification, and information retrieval; including synonyms, morphology, anatomy, physiology, phytochemistry, cytology, classification, pathogens, world and local distribution, and references". The Grass Genera of the World. Consultado o 15 de marzo de 2010.
  3. Moench. S.saccharatum (L.) Pers.
  4. "Sorgo". Diccionario Etimológico. Consultado o 8 de xuño 2013.
  5. National Research Council (1996). National Academies Press, ed. Lost Crops of Africa: Volume I: Grains. ISBN 978-0-309-04990-0.
  6. "Sorgo". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 16 de febreiro de 2013.

Véxase tamén

Outros artigos

ترخيص
cc-by-sa-3.0
حقوق النشر
Autores e editores de Wikipedia
النص الأصلي
زيارة المصدر
موقع الشريك
wikipedia gl Galician

Sorgo: Brief Summary ( الجاليكية )

المقدمة من wikipedia gl Galician

O sorgo é o nome común de calquera planta do xénero Sorghum spp. Un xénero dunhas 20 especies de gramíneas orixinarias das rexións tropicais e subtropicais de África oriental. Ten a súa orixe en África do leste e procede das variedades salvaxes en Etiopía hai 5.000 anos. Cultívanse na súa zona de orixe, Europa, América e Asia como cereal para consumo humano, animal, na produción de forraxes, e para a elaboración de bebidas alcólicas e vasoiras. A súa resistencia á seca e á calor faino un cultivo importante en rexións áridas, e é un dos cultivos alimentarios máis importantes do mundo.

É a quinta colleita de cereal no mundo, canto á súa produción (470.000 km², colleitado en 1996). O produtor máis grande é Estados Unidos.

O sorgo coñécese con varios nomes: millo grande e millo de Guinea en África occidental, kafir en África austral, duro no Sudán, mtama en África oriental, iowar na India e kaoliang na China (Purseglove, 1972).

As moitas subespecies divídense en catro grupos: sorgos do gran, sorgos da herba (para o pasto e o feo), sorgos doces (xaropes do sorgo), e millo tipo vasoira (para as vasoiras e os cepillos).

Ao se tratar dun alimento carente de glute, representa unha opción nutritiva para as persoas celíacas. Posúe propiedades antidiarreicas, ou adstrinxentes, e homeostáticas.

O sorgo común (Sorghum vulgare ou Sorghum bicolor) é a especie máis estendida, cuxas sementes se utilizan para facer fariña e a planta como forraxe.

ترخيص
cc-by-sa-3.0
حقوق النشر
Autores e editores de Wikipedia
النص الأصلي
زيارة المصدر
موقع الشريك
wikipedia gl Galician